Ferrol extende o plan de renovación integral de rúas ao barrio de Caranza
A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou das actuacións que realizaron durante esta semana nos barrios de Caranza, Esteiro, A Graña, A Magdalena e Ensanche A dentro do programa de renovación integral de viarios e rúas, posto en marcha polo Goberno Municipal de Ferrol. Este plan de mellora da cidade conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros e permitirá dotar dun novo pavimento e sinalización máis dunha trintena de rúas do municipio.
En concreto, na xornada de hoxe as cuadrillas de operarios de Tragsa, a empresa encargada da execución deste programa, están realizando labores de fresado do firme no tramo xunto ao parque infantil en A Graña. Tamén están acometendo o pavimentado con aglomerado na rúa Armada Española e nas zonas de aparcamento de Fontelonga, en Caranza.. Así mesmo, os operarios continúan coa colocación de sinalización vertical nos barrios de A Magdalena e San Xurxo; e as tarefas de recrecemento das tapas na Travesía de Vigo e a rúa Soto en Esteiro; así como nas seguintes rúas do Ensanche nas que tamén xa se executou o novo aglomerado: Manuel Belando, Instituto, Cuntis, Pontevedra e Pérez Villamil.
No que atinxe á previsión de traballo da empresa para o vindeiro luns, día 10 de novembro, esta contempla continuar cos traballos de aglomerado de firme na rúa Armada Española e na Graña, no tramo xunto ao parque infantil. Esta programación pode sufrir variacións en función das condicións meteorolóxicas e de operatividade.











