Fene reedita o Concurso de Decoración Navideña en comercio e hostelería
O Concello de Fene, a través da Concellería de Promoción Económica, anunciou a convocatoria do II Concurso de Decoración Navideña. O edil de área, Juan José Franco, sinala que o éxito da iniciativa na súa primeira edición levou ao seu departamento a reeditala neste 2014. Con ela, búscase incentivar o ambiente navideño no comercio e hostelería de Fene e potenciar con iso as compras no municipio. Por iso, novamente serán os clientes os que elixan aos gañadores do certame votando polo seu escaparate preferido.
Deste xeito, o concurso está aberto á participación de todos os comerciantes e hosteleiros que desenvolvan a súa actividade en Fene e presenten no rexistro xeral o modelo de solicitude creado a tal efecto. O prazo para facelo abriuse este luns, 24 de novembro, e pecharáse o 4 de decembro (en horario de 8,30 a 14 horas).
A partires de entón, o calendario establece que o periodo de exhibición da decoración navideña se extenda entre o 9 de decembro e o 5 de xaneiro, establecéndose tres modalidades de participación: comercio, hostelería e panaderías, pastelerías, librerías e quioscos. Así, os clientes actuarán como xurado, votando a mellor decoración navideña. Para iso, tan só teñen que cubrir unha papeleta que atoparán nos establecementos participantes e depositala nas urnas habilitadas a tal efecto. Dita papeleta tamén lles dará dereito a participar no sorteo dunha serie de premios, a celebrar unha vez remate o concurso: tres premios de 20 euros cada un para consumir nos locais adheridos á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro”. Premio por cortesía de dita asociación; dez lotes consistentes nunha edición Navideña de Estrella Galicia, cortesía desta firma galega, e dous lotes de productos cedidos por Meigas Fora. Os gañadores recibirán un diploma acreditativo.
Por último sinalar que as bases do concurso, así como a ficha de inscripción está a disposición da veciñanza na web municipal: www.fenecidadan.net.











