Fene abre o prazo para participar no programa “Vacacións en Paz 2015”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene anunciou esta mañá a apertura do prazo para participar no programa “Vacacións en Paz 2015”. Unha iniciativa a través da cal se traslada aos nenos e nenas saharauis procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf –Alxeria- para pasar dous meses de verán –xullo e agosto- acollidos por familias galegas.

Deste xeito, a Concellería de Servizos Sociais informa de que aquelas persoas ou familias do termo municipal que desexen tomar parte do programa deberán acudir ao Centro Municipal de Servizos Sociais –Avda. do Mar, bloque 1, baixo, San Valentín- e solicitar cita coa traballadora social. O prazo rematará o 25 de novembro.

13 de novembro de 2014 | 11:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.