Fecimo organiza para o vindeiro fin de semana a ShowRoom de Cangas
Despois das boas experiencias de Bueu e Moaña, a Federación e Comerciantes e Industriais do Morrazo planifica xa a súa ShowRoom de Cangas.
Terá lugar o vindeiro fin de semana, durante o sábado 15 e o domingo 16 de novembro. O lugar de celebración será o local situado no número 31 da Avenida de Marín (baixo da Notaría), que abrirá de forma efímera e moi especial como é habitual nestes eventos. O horario de apertura para os visitantes será de 11h a 14h e de 17h a 21h ambos días.
O local baleiro seleccionado conta cunha superficie de 220m2 onde se instalarán un total de 14 expositores de diferentes sectores e actividades. Preséntase como unha gran exposición de moda e tendencias onde o público poderá experimentar as novidades e coñecer de primeira man os produtos da tempada baixo un ambiente diferente.
Os participantes proveñen das tres localidades: Bueu, Cangs e Moaña, e polo tanto o público poderá coñecer os produtos e servizos doutros establecementos da comarca.
EXPOSITORES:
– Aliméntate, comercio de golosinas de Moaña
– Box Woman, comercio de moda e zapatería de Moaña
– Coquette Lencería, comercio de lencería, corsetería e baño de Cangas
– D’Talla, comercio de moda especializado en tallas grandes, de Bueu
– Deportes Óliver, comercio de deportes en Cangas
– Evita.me, Deseñadora e Patronista de Cangas
– Imagen, comercio de complementos e agasallos de Cangas
– Imagesc, servizo de escaparatismo, imaxe comercial e organización de eventos, de Cangas
– La Pelu, servizo de perruquería e estética de Cangas
– Mimá Zapatos, zapatería de Moaña
– Óptica Studio, óptica de Cangas
– Senda y Mar, venda de artigos deportivos en Bueu
– Trasnos Calzado Infantil, zapatería de Moaña
– Zap, zapatería de Cangas
Ademáis os visitantes poderán participar de algunhas actividades paralelas que levarán a cabo os expositores:
“La Pelu” realizará perruquería en vivo ao longo do Domingo.
“Evita.me” deseñadora e patronista, impartirá o taller “Crea a túa propia falda en dúas horas”. Será nas tardes do Sábado e o Domingo de 17:30h a 19:30h.
“Óptica Studio” ofrecerá detección de anomalías visuais e un sistema de toma de presión intraocular, con entrega dun informe para o visitante.
E como extra, os expositores entregarán vales con atractivos descontos para canxear en futuras compras no seu establecemento. Será un bo momento para ollar, probar… e planear próximas compras cun prezo exclusivo.
De igual maneira que en Bueu e Moaña, os expositores decidiron aportar agasallos dos seus comercios para sortear entre os visitantes, un motivo máis para visitar a Showroom de Cangas. Os productos poderán verse no local do evento e tamén estarán colgados na páxina web: www.compranomorrazo.com. No evento repartiranse boletos numerados ao mesmo xeito que unha rifa. Gañará aquel cliente que teña o número asignado a cada premio.











