“FCC Construción SA y Construcciones Taboada y Ramos SL UTE” construirá o novo Centro de Saúde de Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

A empresa “FCC Construción SA y Construcciones Taboada y Ramos SL UTE” será a responsable de construír o novo Centro de Saúde de Tui. O prazo de execución do proxecto é de 14 meses e orzamento acada os 4.111.243,62€ IVE incluído. Así aparece publicado no día de hoxe, 5 novembro, no perfil do contratante da Xunta de Galicia.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, da a coñecer a publicación da adxudicación do Centro de Saúde de Tui, saíndo así ao paso das declaracións do Partido Socialista que sinalou nos últimos días que adxudicataria da construción era a empresa “Cofely” implicada nunha trama de presunta corrupción. O alcalde insiste en que a construción correrá a cargo de “FCC Construción SA y Construcciones Taboada y Ramos SL UTE” unha empresa que afirmaba comezará as obras o antes posible xa que lembraba que deben estar rematadas e xustificadas antes do 31 de decembro de 2014.

Moisés Rodríguez lembrou que o novo Centro de Saúde de Tui é unha obra de interese xeral, demandada por todos os tudenses, e a máis importante dos últimos anos na cidade. Agarda que as obras comecen o antes posible, tras a concesión da licencia por parte da Xunta Local de Goberno a pasada semana.

5 de novembro de 2014 | 20:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.