publicidade hoxe

Familia e escola son os puntos fundamentais sobre os que actuar para erradicar a violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+
Lectura do manifesto

Lectura do manifesto

O Concello de Lousame conmemorou esta mañá o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, coa lectura a un manifesto contra a violencia de xénero. Un acto celebrado diante da casa consistorial de Lousame no que tomaron parte os funcionarios e traballadores do Concello, así como os distintos concelleiros do municipio.

O manifesto foi lido pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, quen insistiu en que a violencia de xénero “é un problema público e social de primeira magnitude” e que “se manifesta de moi diversas formas”. Villaverde destacou que “a familia e a escola son os dous ámbitos nos que se debe traballar a prevención de actitudes sexistas e discriminatorias”. Así o fará este domingo 30 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Lousame. Neste momento, os alumnos e alumnas de 2º, 4º e 6º de Primaria e 2º e 4º de ESO do CPI Cernadas de Castro amosaránlles ás súas familias os resultados do proxecto “Engánchate ao bo trato”, levado a cabo durante este mes de novembro.

25 de novembro de 2014 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.