Estudantes internacionais axudan os seus países de orixe a futuros participantes do Erasmus+
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, acompañou hoxe ao reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, na inauguración da feira “International day”, que organizou a Asociación Erasmus Student Network (ESN) .
Nesta feira os estudantes internacionais son os protagonistas, representando aos seus países de orixe, nunha xornada para axudar a coñecer os futuros destinos do programa Erasmus + aos estudantes locais que optan aos diferentes programas de mobilidade.
Ovidio Rodeiro puxo de manifesto a importancia da difusión do valor das experiencias de mobilidade internacional, que “facilita aos mozos e mozas a adquisición de competencias, aptitudes e habilidades que axudarán aos seu desenvolvemento persoal, educativo e profesional”.
Neste sentido, destacou que Galicia é unha das comunidades autónomas que máis participa das posibilidades do programa Erasmus + dentro das accións de intercambios, voluntariado, formación, actividades combinadas e asociacións estratéxicas.
Nas dúas primeiras quendas de 2014 foron aprobados en Galicia un total de 28 proxectos, nos que participan arredor de 800 mozos e mozas. Isto supón que as asociacións e entidades que dirixen os proxectos xestionen máis de 700.000 euros de fondos europeos.