Espectáculos de maxia, teatro, cine e contacontos no Nadal de Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O Concello de Cambre programou para este Nadal espectáculos de maxia , teatro, cine e contacontos. Ao que hai que engadir as actividades destinadas para a rapazada de entre 10 e 16 anos: unha excursión a bolera e unha charla coloquio sobre superheroes . Ademais oferta tres obradoiros de Nadal para público adulto, o primeiro deles consistirá na elaboración de decoración de Nadal. Outro dos obradoiros basearase en elaborar cócteles sen alcohol. No obradoiro un “toque especial” para os teus pratos de Nadal, propoñeranse posibles sobremesas e aperitivos e como presentar a mesa durante estas festas.Dentro desta programación de Nadal, tamén se inclúe unha actividade organizada polo Consorcio das Mariñas, que ten como finalidade crear un conto ou relato. Os participantes serán o alumnos/as de 5º e 6º de Primaria e da Eso.Tanto os obradoiros como a excursión son de balde, se ben requiren de inscrición previa, cuxo prazo comeza o 1 de decembro e remata o 15 do mesmo mes.

27 de novembro de 2014 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.