En liberdade con cargos o terceiro detido polas protestas contra Feijóo na Facultade de Matemáticas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un novo quedou en liberdade con cargos tras ser detido este venres en Santiago de Compostela en relación coas protestas rexistradas contra o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na Facultade de Matemáticas o pasado 23 de outubro.

Segundo confirmaron fontes da Policía Nacional, a detención produciuse ao longo da mañá deste venres na capital galega e, tras comparecer nos xulgados, o mozo quedou en liberdade con cargos.

Esta feito prodúcese despois de que axentes da Policía Nacional detivesen no mediodía do pasado mércores 5 a dous mozos que foran identificados durante as protestas.

En concreto, o pasado 23 de outubro un grupo de novos impediu coas súas protestas que o xefe do Executivo autonómico puidese inaugurar a Conferencia de Decanos de Matemáticas. Cando se dirixía a abandonar o recinto, unha parte dos manifestantes e o persoal de Feijóo protagonizaron un forcexo.

7 de novembro de 2014 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.