En decembro comeza a funcionar a harmonización dos horarios de autobús no corredor da AC-841

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

Segundo informou no seu día a Dirección Xeral de Mobilidade a partir do luns, 1 de decembro, estará operativa a harmonización dos horarios de autobuses no corredora da AC-841 entre Pontevea e Sangiago. Desde xeito dende agora os/as usuarios/as deste corredor teñen os horarios e poderán fiscalizar o seu cumprimento por parte das operadoras.

En termos prácticos a proposta da Xunta recolle 22 frecuencias de ida dende as 07:15 horas ata as 20:30 último autobús cara Santiago. Para volver a Teo as frecuencias serán 23 entre as 07:45 horas e as 21:15 con saída dende a estación de autobuses. Ademais estas viaxes están repartidas ao longo da xornada de maneira que o intervalo entre cada expedición non sexa de varias horas. O momento no que hai máis distancia entre unha viaxe e outra é ao mediodía xa que dende as 13:30 ata as 15:15 non hai saídas cara Santiago.

Esta fin de semana quedarán colocado información en cada parada do corredor con información das saídas e chegadas e do horario aproximado no que debe pasar o autobús por cada unha das paradas.

As paradas do corredor son: Pontevea, Pontevea (centro médico), Ferreiriño (La Granja), Chao do Río-A Florida (pulpería), Ramallosa (piscina), Ramallosa, Catro Camiños, Cacheiras (ITV), Cacheiras (centro médico), Cacheiras (farmacia), Cacheiras (BBVA), Cacherias (gardería), Cacheiras (O Grilo), Cacheiras (Canaletto), Cacheiras (Dia), Montouto (Eroski), Cacheiras (Parque Montouto), Os Tilos (AC 841), Outeiro, Outeiro (taller mecánico), Ponte autopista-Peleteiro, Combarro, Castiñeiriño-Brico Galicia, El Corte Inglés, Pontepedriña, Santiago Estación Ferrocarril, Santiago Estación Ferrocarril 2, Santiago Estación de autobuses.  

28 de novembro de 2014 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.