Educación concede 6.000 euros para a reparación de persianas no colexio de Carril
A Consellería de Educación financiará a reparación das caixas das persianas do colexio Rosalía de Castro de Carril mediante a concesión de 6.000 euros. A xefatura provincial comunicou á concelleira, Rocío Llovo, que a axuda ingresaríase directamente na conta do colexio a efectos de que sea este quen contrate os traballos directamente.
A concesión desta axuda foi un dos compromisos adquiridos polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, durante a visita que realizou a finais de verán ao CEIP Rosalía de Castro co obxectivo de inspeccionar os traballos de substitución da cuberta realizados pola Consellería. Durante o percorrido, os responsables do centro advertiron de deficiencias en varias caixas de persianas, tendo como resposta do Conselleiro que o seu departamento asumiría o custe dos arranxos.
Segundo lle comunicaron á responsable de Educación no Concello, a Consellería tiña previsto ingresar hoxe mesmo os 6.000 euros na conta do CEIP Rosalía de Castro a efectos de que poidan acometer a actuación coa maior brevidade.











