Duelo entre Santiago Futsal e Jumilla polos postos de permanencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O persoal do Santiago Futsal xa se atopa en Jumilla, tras realizar a viaxe a terras murcianas na pasada noite. Alí mediranse mañá ás 17h a un rival directo na loita polos postos da permanencia como é o Montesinos CFS Jumilla.

O Santiago Futsal chega a este encontro despois de que se lle escapasen os últimos 3 puntos o pasado martes ante Inter Movistar no último minuto de partido. Os galegos sitúanse na 11ª posición da táboa, cun partido máis que o seu rival, tras xogar contra o actual líder o partido adiantado da 11ª xornada (2-4). Os de Santi Valladares tentarán, mañá, romper a serie de catro derrotas, conseguindo tres importantes puntos que os afasten dos postos de perigo.

Pola súa banda, Montesinos CFS Jumilla, sitúase na 15ª posición, penúltimo na clasificación con 6 puntos, a só un punto dos postos de salvación. Os de murcianos perderon no encontro da pasada xornada contra Jaén Paraíso Anterior (4-2) e suman así, dúas derrotas consecutivas.

No encontro da tempada pasada entre Montesinos CFS Jumilla e Santiago Futsal, o resultado foi de 3-1 con vitoria de locais. Rubén Zamora, Chinés e Rober foron os goleadores por parte do Montesinos; e Lucho o goleador dos galegos.

Para o encontro de mañá, Santi Valladares ten dispoñibles a 12 xogadores: Marcos Vara, Iker López, Dani ‘Chinés’, Lucas Bolo, Iván Rumbo, Borja, Gallego, Pablo Tallón, Hugo Sánchez, Kristijan, Santi e Diego Quintela.

14 de novembro de 2014 | 15:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.