Dous atletas da Sociedade Ximnástica participan no Campionato de España de Maratón en San Sebastián
A capital de Guipúzcoa, celebra o vindeiro domingo, o primeiro Campionato de España da tempada, na especialidade de Maratón.
Dous atletas da Sociedade Ximnástica acoden á cita coa ilusión posta en realizar unha gran marca. Rubén Diz, repite de novo a experiencia do ano pasado no Maratón de Donostia, que xa foi tamén Campionato de España e onde foi décimo, cun tempo de 2 horas 24 minutos e 44 segundos, agora estréase na categoría veterana de maiores de 35 anos.
Robertas Geralavicius non optará a medalla por ter a nacionalidade Lituana, pero o ano pasado mellorou o record da Sociedade Ximnástica no Maratón de Valencia, con 2 horas, 21 minutos e 24 segundos, na súa primeira carreira na distancia. O seu obxectivo pasa por mellorar esta marca e empezar a optar á selección de Lituania que acudirá aos XXOO de Río.











