Dobrete da Sociedade Ximnástica no Medio Maratón de Vilagarcía
Cunha choiva persistente Vilagarcía de Arousa celebrou o seu Medio Maratón coa presenza de algo máis de medio milleiro de atletas que souberon superar as inclemencias metereolóxicas.
A Sociedade Ximnástica conseguiu un brillante resultado grazas á actuación de Iván Docampo, que levou a vitoria con tempo dunha hora, 10 minutos e 36 segundos; e o segundo posto de Fran Iglesias, que viviu unha situación rocambolesca, ao non ter a organización e os xuíces da competición, sinalizado correctamente o cruzamento previo á chegada a meta, o que lle fixo percorrer máis metros que o resto de corredores e ademais non se lle deu un tempo oficial.
Kike Monet realiza a súa primeira competición da tempada
Unha das novas caras na Sociedade Ximnástica, Kike Monet, participou na localidade valenciana de Gandía no Criterium de Valencia de marcha cunha interesante actuación.
A distancia de 5 quilómetros que disputou, serviulle de punto de partida no inicio do novo curso atlética; o tempo que realizou de 24 minutos e 31 segundos, estivo na marca do ano pasado cando nesta mesma competición conseguiu 7 segundos máis. Unha marca que seguramente irá mellorando cando se achegue a liga nacional











