Dobre asalto do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal afrontará dous complicados partidos esta semana. O primeiro asalto terá lugar mañá, cando recibirá ás 21h no Multiusos Fontes do Sar ao Aspil Vidal Ribera Navarra, un duro rival para cerrar a semana na que os nosos guerreiros conseguiron o pase á seguinte eliminatoria do Copa do Rei.

O segundo asalto será o vindeiro martes 11 de Novembro, cando o Multiusos acolla o partido adiantado da 11ª xornada, que enfronta ao Santiago Futsal co todopoderoso Inter Movistar, actual campeón de Copa e Liga e líder da clasificación.

Ante a celebración destes encontros, o Santiago Futsal pon á venda as entrada para os encontros que disputará fronte Aspil Vidal Ribera Navarra e Inter Movistar no Multiusos Fontes do Sar.

O prezo das entradas para o partido contra Aspil Vidal Ribera Navarra será de 10€ adulto, 5€ xuvenil (13 a 17 anos) e 2€ nenos (menores de 13 anos).

O prezo das entradas para o partido do martes contra Inter Movistar no Multiusos ás 20.30h, será de 15€ adulto, 10€ xuvenil (13 a 17 años) e 2€ nenos (menores de 13 anos).

E para todos aqueles que queiran disfrutar dos dous partidos por un precio máis económico, o clube oferta un abono especial que inclúe as entradas aos dous partidos (Aspil Vidal Ribera Navarra e Inter Movistar) que terá un precio de 20€ a entrada de adulto, 10 € a entrada xuvenil (13 a 17 anos) y 2€ os nenos (menores de 13 anos).

Os socios accederán de maneira gratuita aos dous encontros amosando o carnet de abonado na porta de acceso ao pavillón.

As persoas interesadas en mercar as entradas poderán facelo nas oficinas do clube en horario de mañás de 10 a 14h, ou na propia porta do Multiusos o día de partido.

6 de novembro de 2014 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.