publicidade hoxe

Diminúen en Tomiño os casos de delitos contra o patrimonio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

Tomiño celebrou hoxe ao medio día unha Xunta Local de Seguridade, presidida polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Ao finalizar o encontro, a alcaldesa salientou entre os temas tratados, a baixada en máis dun 10% dos delitos contra o patrimonio (roubos, furtos, etc.) no municipio durante o último ano.

Na reunión falouse tamén da normativa de incendios e das actividades de divulgación organizadas en centros educativos tomiñeses arredor de temas coma o acoso escolar, o uso das redes sociais, prevención de drogo dependencias, etc.

Por último, resaltouse a “excelente colaboración entre os corpos de seguridade locais” os cales confirmaron que a tendencia continúa á baixa no caso de delitos e faltas, facendo de Tomiño un dos concellos máis seguros da comarca.

5 de novembro de 2014 | 20:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.