Diego Calvo visita en Santiago a Fundación Amigos de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSantiago de Compostela
A-
A+
Diego Calvo na visita ás instalacións de Amigos de Galicia

Diego Calvo na visita ás instalacións de Amigos de Galicia

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitou en Santiago a sede da Fundación Amigos de Galicia para coñecer de primeira man o seu traballo, co que colabora a  institución provincial.

A Deputación da Coruña cofinanciou, por exemplo, con 5.000 euros a contratación de persoal técnico para o plan de cobertura de necesidades básicas das persoas sen recursos nos concellos de menos de 20.000 habitantes e destinou máis de 8.000 ao plan de apoio ás mulleres vítimas da violencia de xénero ou susceptibles de selo, entre outros.

5 de novembro de 2014 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.