“Destemplados” presenta o seu primeiro disco de estudo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

Avalados por unha traxectoria de cinco anos de actuacións en directo, e tras pasar polos escenarios do Festival Brincadeira, Festival Derrame Rock 19, Noites Rock 2014 de Cambre, e numerosas salas e locais de A Coruña, DESTEMPLADOS, un dos mellores grupos de rock de Cambre, presentará o vindeiro 29 de novembro, as 22:00, na Sala Filomatic de A Coruña o que é o seu primeiro traballo de estudio “FERMENTANDO ELEMENTOS” composto por seis temas que pretenden ser reflexo do rock ecléctico que practica a banda, con sons que van dende un rock clásico ata o grunge. Este evento servirá tamén para a presentación en sociedade do grupo Hormigón, que debutará oficialmente enriba dos escenarios.

A formación, composta polos irmáns Pablo e Kiko Moar, o baixo e guitarras, Diego “Cid” á batería e Bibi Portela o frente do grupo como vocalista, pretende dar un golpe na mesa co seu primeiro E.P. A pesar da súa curta vida como músicos, xa teñen algún recoñecemento tras ser os recentes gañadores do concurso Novoson da Radio Galega, premio que lles permitiu subir ó escenario do Derrame Rock´19, realizado o pasado xuño en Ourense. Con FERMENTANDO ELEMENTOS a banda vai collendo un camiño bastante claro cara estilos grunge e underground, rememorando nos seus directos algún tema da banda dos 90 Nirvana. Cun directo moi potente, DESTEMPLADOS esperan ter unha boa acollida na presentación do vindeiro 29 de novembro, as 22:00, na Sala Filomatic de A Coruña, na que darán a coñecer o que é o seu primeiro traballo de estudio, FERMENTANDO ELEMENTOS, composto por seis temas que pretenden ser reflexo do rock ecléctico que practica a banda, con sons que van dende un rock clásico ata o grunge. Este evento servirá tamén para a presentación en sociedade do grupo Hormigón, que debutará oficialmente enriba dos escenarios.

27 de novembro de 2014 | 11:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.