Deputación e Concello de Redondela asinan un convenio por 608.372 euros para a 3ª fase do Complexo Deportivo de Santa Mariña
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe un convenio co Concello de Redondela por valor de 608.372 euros para acometer a 3ª fase das obras do Complexo Deportivo de Santa Mariña. Este complexo é a única zona de equipamentos deportivos de Redondela, localidade que supera os 30.000 habitantes.
A Deputación xa financiou as anteriores dúas fases. Na primeira, remodelouse o terreo de xogo do campo de fútbol que hoxe conta con entre 500 e 700 practicantes. E na 2ª, a Deputación construeu as gradas, vestiarios e demais servizos complementarios do complexo.
Agora, merced ao convenio hoxe aprobado, investiránse 608.372 €, dos que a Deputación aporta 471.719 € para redactar o proxecto e construir pistas de padel cubertas, vestiarios, instalacións complementarias e zonas de aparcamento. Pola súa banda, o Concello obrígase, cunha aportación de 136.502 € a construir tres pistas de tenis para os 100-150 usuarios actuais.











