Dental Macía e Spa Dental Macía patrocinarán os equipos de ligas locais do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Este fin de semana arrincan as ligas locais de fútbol sala de Santiago de Compostela, polo que todos os equipos da base do club Santiago Futsal poranse a rodar.

O centro Dental Macía e o Spa Dental Macía serán os patrocinadores dos equipos de base das ligas locais do Santiago Futsal durante esta tempada.

O logo do centro Dental Macía e do Spa Dental Macía será visible nas camisetas dos equipos da base das ligas locais do Santiago Futsal. Ademais, os patrocinadores entregarán a cada xogador dos equipos base das ligas locais do Santiago Futsal un cartón da clínica, coa que poderán gozar de moitas e variadas prestacións do centro dental de maneira gratuíta.

Desta maneira, consolídase o patrocinio da Clínica Dental Macía e Spa Dental Macía á base do Santiago Futsal, unha canteira de referencia en metodoloxía de traballo e de valores na educación deportiva.

13 de novembro de 2014 | 14:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.