publicidade hoxe

Davide e Valdamor son os primeiros premios aos viños catados nas Xornadas do Albariño de Mallorca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosLocal Portada
A-
A+
Entrega de galardóns

Entrega de galardóns

O primeiro tenente de alcalde, Antonio Iglesias Pombo, xunto co xerente do hotel Cristóbal Colón de Palma de Mallorca, Antonio Seijas Orol, e coa directora dos museos, Rocío Acha, entregaron os premios correspondentes ás bodegas da denominación de orixe Rías Baixas galardonadas nas catas celebradas en Palma de Mallorca con motivo das Xornadas Turístico Gastronómicas do Albariño, que se celebran dende hai 18 anos no mes de xuño.

Nesta ocasión, o primeiro premio foi compartido polas marcas Davide Tradición e Valdamor, ambas da comarca do Salnés, correspondendo o segundo premio á cambadesa Lagar da Cachada e á vilanovesa Davide Dúo, mentres que o terceiro compárteno Señorío de Rubiós-Condado de Tea, e Bouza de Carril de Ribadumia.

Ademáis do Concello, que coordina estas xornadas albariñenses en Mallorca, participan e colaboran no certame a Asociación de Hoteleros Playa de Palma, que patrocina os primeiros premios, a Federación de Empresarios Hoteleros de Mallorca, que patrocina os segundos premios, e a Escola de Turismo da Universidade des Illes Balears, que patrocina os terceiros.

O xurado das catas cegas de albariño está integrado por expertos da escola e Asociación de Sumilleres de Baleares. En cada convocatoria outórganse seis premios ós mellores caldos cunha participación media de 50 marcas.

Os albariños Rias Baixas están moi presentes na hostalería palmesana pois máis do 70 por cento dos restaurantes baleares dispoñen nas súas cartas de varios albariños, un caldo que se foi introducindo nos últimos anos dun xeito notorio nas illas de Mallorca, Menorca, Ibiza e Formentera.

21 de novembro de 2014 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.