Corte de auga en Marín
Con motivo da realización das obras do “Novo Abastecemento de auga de Pontevedra e a súa ría” e, unha vez se chegou á parte final dos traballos na zona de Pontevedra, é necesario realizar a conexión da tubaxe que parte da nova caseta de válvulas do Depósito do Lérez coa tubaxe existente que abastece, na actualidade á cidade de Pontevedra, Marín, Bueu e Poio.
Esta operación require o corte temporal na subministración de auga por un período aproximado de 10 horas nas que se realizarán as siguentes operacións:
– Previamente ao corte de auga será necesario facer unha escavación para descubir o tubo existente na zona da conexión.
– Unha vez realizada a escavación e o corte na subministración, cando a auga xa non pase polo tubo, cortarase o tubo existente para conectar o enxerto.
– O seguinte paso consistirá na realización da soldadura e os reforzos dos tubos.
Este corte de auga producirase a noite do luns 24 ao martes 25, desde as 23:00h ás 08:00, pero por seguridade, e contando con calquera imprevisto que poida xurdir, amplíase a hora até as 14h do mediodía do xoves.
As zonas que poden estar máis afectadas son Seixo e Loira, do mesmo xeito que o estiveron no mes de Agosto, cando foi a rotura da tubaxe de auga en Pontevedra. Por tal motivo, a brigada municipal de auga, encargarase de que lles afecte o menos posible e que se é necesario facer cortes de auga se leven a cabo de forma alterna.
En principio a subministración de auga debería quedar restablecido o mesmo martes pola mañá, aínda que no entanto, solicitamos un uso responsable da auga para que a subministración dos depósitos chegue a todas as casas do noso Concello.











