publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Contrátase por 564.000 euros a obra para mellorar a estrada Valga-Os Martores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraValga
A-
A+

A Deputación de Pontevedra anunciou hoxe a contratación da obra de pavimentación e dotación de servizos na estrada Valga-Os Martores, desde a pista da N-550 ata a igrexa de San Miguel de Valga, cun importe de licitación de 564.901 euros e un prazo de execución de oito meses.

O traballo forma parte do ensanche e da mellora desta estrada. A primeira fase, adxudicada á empresa COVSA en 314.137 euros, está practicamente rematada e consistiu no ancheamento da vía ata os 12,60 metros, na mellora de recollida de augas pluviais e na dotación de servizos.

Nesta segunda fase dotarase de nova pavimentación e de novos servizos ó tramo que vai desde a pista da N-550 ata a igrexa de San Miguel de Valga.

5 de novembro de 2014 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.