‘Contos dos Dinosaurios’ na Biblioteca de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O vindeiro venres 28 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos dos Dinosaurios’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos deste animais e como manualidade un dinosaurio -os/as participantes deberán traer unha cartolina branca grande, dous rolos de papel hixiénico e un ollo-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://verin.isum.centromultimedia.net/ilive/, como no perfil da mesma en Facebook https://www.facebook.com/pages/Biblioteca-P%C3%BAblica-Municipal-de-Ver%C3%ADn/104133986331021?=wall

24 de novembro de 2014 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.