publicidade hoxe

Continúa o programa “Ler conta moito” nas bibliotecas de Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros continúa ao longo da semana que vén coa programación da actividade Ler conta moito que se leva a cabo nas bibliotecas municipais. Os obxectivos que se intentan conseguir son que as nenas e nenos participantes se divirtan escoitando contos, facer novos lectores e lectoras ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos. Todas ás sesións comezarán ás 18.30 horas e desenvolveranse do seguinte modo:

Biblioteca Pública Municipal María José Ruso. Dorneda
Luns 10 de novembro
Para nenas/os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULO: “O marabilloso mundo do circo”: “O gran amigo do ceo”, “Agustina, a paiasa”

Biblioteca Pública Municipal Federico García Lorca. Montrove
Martes 11 de novembro
Para nenas/os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “Animaladas”: “10 ratiños viaxeiros”, “Eu non vexo nada”, “O sapo que estourou”

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz
Mércores 12 de novembro
Para nenas/os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Pedro Brandariz
TÍTULOS: “Contos de castañas e cogumelos”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 13 de novembro
Para nenas/os de 1 a 4 anos
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULOS: “O xogo de Nano”

7 de novembro de 2014 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.