Continúa aberto o prazo de presentación de carteis para o concurso da Cabalgata de Reis de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Concellería de Cultura lembra que os nenos e nenas interesados en participar no concurso de carteis da Cabalgata de Reis 2015 poden presentar os seus debuxos nas dependencias do Auditorio ata o día 12 de decembro. Trátase concurso aberto, no que nenos de 7 a 11 anos poderán participar a título individual presentando o seu debuxo directamente.

A convocatoria do concurso infantil de carteis é un dos preparativos nos que xa está a traballar a Concellería de Cultura e a Comisión Organizadora de cara á próxima visita a Vilagarcía das Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar.

Calquera neno e neno empadroado en Vilagarcía e con idade comprendida entre os 7 e os 11 anos poderá presentar un ou varios debuxos a título individual. Entre os demais requisitos recollidos nas bases da convocatoria están que os traballos deben presentarse en formato A3 e incluír no deseño o texto “Domingo, 5 de xaneiro ás 19:00 horas”. Ademais, no debuxo non poderá figurar a firma do autor, e que os datos persoais débense facer constar no reverso do traballo (nome e apelidos, enderezo e un número de teléfono).

Os concursantes poderán presentar cantas obras desexen, sempre a título individual, posto que non se admitirán debuxos realizados por grupos. Os interesados en participar poden presentar os traballos a partir de xa nas dependencias de Cultura no Auditorios, de martes a venres en horario de 8.30 a 14.30 horas. O prazo remata o 12 de decembro.

O xurado concederase un premio único, que será o debuxo que se reproducirá no cartel anunciante da Cabalgata de Reis 2015. Si así o considerase necesario, a maiores concederase un accésit. O vencedor, ademais de ter a honra de que o seu debuxo protagonice o cartel anunciante da Cabalgata, recibirá como premio un kitde pintura. Cos traballos participantes no concurso organizarase unha exposición.

28 de novembro de 2014 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.