Conferencia de Marcela Lagarde en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

A Concellería de Igualdade programa para o día 2 de decembro, martes, ás 20:00h a conferencia que impartirá Marcela Lagarde y de los Ríos sobre “A violencia feminicida e os dereitos humanos das mulleres” no auditorio do antigo Reitorado (R/Areal, 46)

Marcela Lagarde é antropóloga e investigadora mexicana. Autora de numerosos artigos e libros sobre estudos de xénero, feminismo, desenvolvemento humano e democracia, poder e autonomía das mulleres, etc. Catedrática da Universidade Nacional Autónoma de México. Acuñou o termo feminicidio para describir a situación en Ciudad Juárez, México e acadou a creación dunha Comisión Especial de Feminicidio no Congreso para investigar o asasinato de mulleres en Ciudad Juárez.

28 de novembro de 2014 | 14:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.