Concurso de karaoke en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Hoxe presentouse á prensa o I CONCURSO DE KARAOKE CONCELLO DE MARIN, por parte do Concelleiro de Festas e membros do xurado, que terá lugar os días 6 e 7 de decembro no multiusos da praza de Abastos, coas seguintes bases:

O prazo de inscripción que comezou hoxe, terminará o 28 de novembro ás 13:00h, e os interesados teñen que inscribirse no Museo Torres.

Poderán participar persoas de todas as idades, e haberá dúas categorías: Infantil,até os 14 anos, e senior, de 15 anos en diante.

O Concurso comezará ás 21:30h , do sabado 6 de decembro, aínda que desde as 20:30h, o karaoke estará dispoñible para persoas que desexen participar fóra de concurso.

Os concursantes cantarán un tema na semifinal do día 6 (proposto por eles no momento da inscrición), e outros dous, se conseguen clasificarse, na final do día 7 coa posibilidade de repetir nesta final un dos dous temas do día anterior.

Un xurado profesional emitirá o seu veredicto, e a súa decisión será inapelable.

Os premios serán os seguintes:

CATEGORIA INFANTIL:

1º POSTO: Vale de compra + trofeo

2º POSTO: Vale de compra + trofeo

3º POSTO: Vale de compra + trofeo

O resto dos participantes recibirán unha medalla conmemorativa do evento.

1º POSTO: 500 € + trofeo

2º POSTO: 300 € + trofeo

3º POSTO: 200 € + trofeo.

3 de novembro de 2014 | 20:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.