Concertos, contos e exposicións no Outono Cultural de Rianxo para esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

As propostas do OUTONO CULTURAL 2014  a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo inclúen:

Venres 7 de novembro

– 18.00 h – Biblioteca Municipal de Rianxo
CONTOS ENTRE FIOS
Contos, manualidades, cancións,…anÍmate a participar e descubrir o que pode dar de si a tradición oral.
– 20.30 h – Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo
APERTURA DA EXPOSICIÓN: Sendeiro de volta do pintor Salvador Laíño
Os óleos do pintor rianxeiro Salvador Laíño poderán vistarse do 7 ao 29 de novembro no Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo.
– 21.30 h – Auditorio de Rianxo
CONCERTO: Santa Icía a cargo da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo
A Banda Xuvenil interpretará varias pezas para conmemorar a patroa dos músicos e músicas, Sta Icía.

Sábado 8 de novembro

– 20.30 h – Auditorio de Rianxo
CONCERTO: Aida Saco Beiroa ao piano
Aida Saco Beiroa, pianista rianxeira, interpretará pezas de Liszt, Ginastera, Soler,… ao piano

6 de novembro de 2014 | 20:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.