Concello de Ourense e Polígono Virtual de Galicia organizan o Congreso Termal Business
O Concello de Ourense e o Polígono Virtual de Galicia organizan o congreso Termal Business, que se desenvolverá o día 11 de decembro no Auditorio Municipal.
O concelleiro de Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero, a concelleira de Comercio, Juana Ageitos, e o presidente executivo do PVG, Xosé González, presentaron esta mañá esta actividade, que incluirá charlas sobre empresa, empredemento, termalismo, turismo, nutrición e asociacionismo, e que, según explicaron os organizadores, pretende promover unha reflexión acerca da importancia dunha “Marca cidade” para o contorno empresarial, fomentar a ourensanía activa e dotar ao Concello dun evento anual de prestixio que exalte ás virtudes da cidade e a calidade da empresa.
O programa de actividades inclúe tamén a entrega de premios que servirán de recoñecemento ao mellor proxecto empresarial en fase de creación, á mellor iniciativa empresarial, á mellor empresa ourensá, así como a asociación máis activa, ao Concello máis activo e a emprendedor/a histórico/a.
O premio ao mellor proxecto emprendedor en fase inicial, a organización abre un prazo para que podan concurrir e enviar as súas candidatiras aquelas persoas que o desexen. Deberán ser remitidas ata o día 30 de novembro ao correo electrónico.
O gañador do premio ao mellor proxecto en fase de creación recibirá un cheque de servizos para axudar a crear o seu proxecto. Adicionalmente se axudará a crear un crowdfunding de inversores para recadar apoio económico para o gañador e o resto de participantes.
O congreso, con entrada libre, desenvolverase o día 11 de decembro no Auditorio, de 10,00 a 14,00 horas e de 16,30 a 20:30. As persoas asistentes tamén poderán ver simuladores de coches e de realidade virtual e unha exposición de smartphones.











