Comunicado do Concello de Tui en relación aos mercadillos semanais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

No Concello de Tui celébrase desde hai anos un mercadillo semanal, todos os xoves, situado en diferentes rúas do municipio. Non existe previsión de iniciar os trámites para outro mercado, polo momento, en ningunha outra localización.

Ao mercado semanal dos xoves faltaron nas últimas semanas un 40% dos vendedores autorizados. Como todos os anos, abriuse o prazo para solicitar a renovación dos postos, que se manterá aberto até febreiro. Os postos, cuxa renovación non se produza en prazo, procederase á súa licitación pública, en cumprimento da normativa.

Desde a concellaría de Servizos Sociais tívose que prestar unha atención especifica durante os últimos dias a varias familias empadroadas no municipio, ás que se lles axudou con alimentos e produtos non perecedoiros porque, por motivos persoais e alleos ao Concello, non ocuparon os seus postos no mercado.

Os posibles conflitos que poidan derivarse a outros niveis exceden a competencia da administración municipal cuxo único obxectivo é e será velar polo cumprimento da legalidade. Apelamos e instamos a calquera veciño que considere que as súas liberdades como cidadáns dun Estado de Dereito póidanse ver ameazadas a que utilice os medios legais que ofrece a xustiza.

6 de novembro de 2014 | 20:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.