Comezan en Ribadumia as actividades de Body Jump, Recharge, GAP, Pilates e Aerobic

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O de Ribadumia pon en marcha un novo programa deportivo para dirixido a fomentar os hábitos saudables entre os seus veciños. Así a partir do 24 de novembro realizaranse actividades de Body jump, Recharge, GAP, Pilates ou Aerobic no Centro Social de Barrantes. As escolas deportivas e ximnasia de mantemento que tradicionalmente se ofertan dende o Concello e outras coas que colabora como Zumba ou Baile Moderno súmanse estas de exercicio aeróbico e tonificación. As inscricións poden facerse no Concello ata o 20 de novembro.

Desde a área de Deportes do Consistorio elaborouse o catálogo de actividades pensando en dar resposta aos intereses de deportistas de todas as idades, habituais ou ocasionais, para que todos os veciños do municipio atopen opcións que se axusten ás súas preferencias. Todos os deportes son monitorados por profesionais titulados.

Na actualidade ofrecese ximnasia de mantemento para os mais maiores, actividades para os mais pequenos como Judo, Patinaxe, Baloncesto, Tenis, Xadrez ou Danza moderna. Con esta novas clases preténdese completar as posibilidades deportivas dos veciños adultos, que ata o momento contaban co uso libre do ximnasio, tenis, Zumba ou Danza moderna.

XORNADA DE EXHIBICIÓN

Para todos aqueles que poidan ter algunha dúbida o sábado 15 de novembro, as 12:00 horas, realizarase unha exhibición gratuíta na Praza do Concello ou no Centro Social de Barrantes en caso de Choiva.

7 de novembro de 2014 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.