Comeza o proceso de creación da Fundación Lago de Castiñeiras – Cotorredondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

As Xuntas Reitoras das Comunidades de Montes de Santomé de Piñeiro (Marín), San Xulián (Marín), Santa Cristina e San Martiño de Vilaboa, solicitaron o apoio institucional do pleno de Marín para á creación da Fundación Lago de Castiñeiras – Cotorredondo.

Foi o pasado 12 de setembro, cando os Presidentes das catro Comunidades de Montes propietarias dos terreo que ocupa o parque do Lago de Castiñeiras e Cotorredondo asinaron un acordo para a constitución dunha Fundación que será a encargada da xestión da área natural do Parque de Castiñeiras.

O obxetivo desta Fundación e recuperar o valiosos patrimonio cultural e natural deste enclave, considerado nas súas orixzes o maior de Galiza, tnato pola súa extensión como polo seu nivel de utilización e afluencia de visitantes.

Para conseguilo propoñen a recuperación das 44 hectáreas hoxe cedidas á xestión da xunta, aumentar a 77 hectáreas con terreos propiedade das nosas comunidades. 13 desas hectareas (as máis centricas) adicáranse á creación dun xardín botánico con árbores e arbustos dos cinco continentes, qeu se situaría fora da lagoa do miradoiro de Cotorredondo. Ademáis da posta en valor de recursos xa existentes como o propio Mirador de Cotorrendo e a oferta de xacementos arqueolóxicos e e o gran legado de Arte Rupestre, e incluso programas de desenvolvemento turísticos.

Na comisión de Medio Ambiente que tivo lugar hoxe presentouse unha mocion conxunta para impulsar a creación da Fundación Lagoa de Castiñeiras – Cotorredondo, e instar a Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta a poñer todo os medios ao seu alcance para garantir a súa posta en marcha e funcionamento.

3 de novembro de 2014 | 20:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.