Comeza o curso de manexo práctico do tractor que imparte o ISSGA na Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

Na mañá de hoxe comezou a desenvolverse nunha das aulas do edificio de servizos múltiples da Laracha o curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria agrícola, concretamente do tractor e os seus apeiros, que imparte o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) en colaboración co Concello.

A acción formativa, que é de modalidade presencial, consta dun total de dezaoito horas entre a parte práctica e a teórica. A finalización do curso está prevista para o martes da próxima semana.

As quince prazas ofertadas foron cubertas, o que evidencia o éxito desta iniciativa, que é gratuíta para os alumnos. Todos os participantes son persoas relacionadas co sector agrogandeiro e, unha vez rematada a acción formativa, recibirán o correspondente diploma oficial.

Este curso púxose en marcha coa cooperación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

12 de novembro de 2014 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.