Comeza en Nigrán o curso Actívate de acompañante de comedor escolar con 25 inscritos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

A deputada provincial, Marta Iglesias, e a concelleira de Patrimonio, Xuventude e Igualdade, María José Pino, inauguraron na tarde de onte o curso Actívate de acompañante de comedor escolar, no que participan 25 veciños e veciñas de Nigrán. O curso, cunha duración de 39 horas, finalizará o próximo 4 de decembro.

O programa Actívate, dirixido a mozos de entre 16 e 35 anos, ten como obxectivo desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do lecer, que sexan de interese xuvenil e que respondan á demanda da xente nova, potenciando movementos de participación e cooperación social e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias.

7 de novembro de 2014 | 11:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.