publicidade hoxe

Comeza a pilotaxe do novo peirao de atraque desenvolvido no porto de Vilanova de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilanova de Arousa
A-
A+
O presidente de Portos de Galicia na visita a Vilanova de Arousa

O presidente de Portos de Galicia na visita a Vilanova de Arousa

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou esta mañá o inicio da fase de pilotaxe das obras de habilitación dun novo peirao baseado en técnicas de I+D+i no porto de Vilanova de Arousa. Esta dársena, de titularidade da Xunta de Galicia a través do ente público, foi o lugar elixido para o desenvolvemento dun prototipo a escala dun proxecto de investivación no que participan a Universidade de Santiago, a da Coruña, a Fundación de Enxeñería Civil de Galicia e o consorcio de tres empresas especializadas do sector.

O proxecto de investigación céntrase na contención dos terreos portuarios na execución das obras a través de láminas delgadas sometidas simplemente a tracción, fronte a outros sistemas de construcción máis agresivos e pesados. No caso de Vilanova, deseñouse un prototito que aplica o novo sistema construtivo baseado na contención dos terreos a través de elementos flexibles, que só traballan na tracción para regular os baleiros; o chamado sistema pilote-lámina. Empregando este procedemento, habilitarase no dique existente no peirao de Vilanova de Arousa un prototipo a escala real dunha liña de atraque de 60 metros de lonxitude e 10 metros de calado. Con esta actuación habilitarase ademais unha explanada portuaria de 1.200 metros cadrados e impulsarase a economía produtiva.

O total do proxecto articúlase en 5 fases, das que tres están xa executadas, a saber: cálculos preliminares, cálculos definitivos e ensaio de prototipos de laboratorio. A fase actual consiste na execución do modelo a escala real en Vilanova e para elo, ata o momento realizouse xa o volcado do material de recheo e o seu asentamento así como o reforzo do recheo. A día de hoxe está a dar comezo a instalación dos pilotes para no vindeiro mes proceder á colocación das láminas de polietileno que se suxeitarán nestes pilotes. Finalmente, a quinta fase, prevista para o ano 2015, oriéntase á comprobación e revisión de seguridade.

Polo que respecta á fase actual de pilotaxe, nestes días estánse soldando as pezas para a instalación das camisas (pivotes) que, fincadas a 12 metros de profundidade, suxeitarán as láminas de polietileno que conteñen o terreo habilitando o novo peirao. A fabricación das camisas quedará rematada en dúas semanas, incluindo a galvanización da súa estrutura de formigón.As láminas de polietileno que conforman o groso da estrutura foron subministradas dende Luxemburgo, mentres que as pezas de anclaxe dos pilotes fabricáronse en Arteixo. Pola súa parte, os tirantes dos pilotes, fabrícanse en Alemania e estarán disponibles en Vilanova a primeiros do mes de decembro.

O proxecto de I+D+i conta cun orzamento global de 1,8 millóns de euros, dos que 400.000 euros corresponden ao custo da execución das obras que se realizarán no porto de Vilanova.

5 de novembro de 2014 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.