Comeza a operar en Lalín a cámara web da TVG para comprobar en tempo real o tráfico na Avenida Xosé Cuíña
Esta web é a primeira que o canle autonómico ubica nos concellos do interior de Pontevedra grazas á solicitude do rexedor.
O alcalde de Lalín, José Crespo, anunciou hoxe que “a cámara web que colocou TVG na cornixa do Lalín Arena nos pasados días xa está totalmente operativa e amosa tanto imaxes en tempo real do tráfico que transita pola Avenida Xosé Cuiña como unha panorámica do novo Concello” na dirección http://www.crtvg.es/crtvg/camaras-web/lalin.
O rexedor transmiteu o seu agradecemento “á TVG e ao director do ente Alfonso Sánchez Izquierdo porque despois de anos durmida esta proposta hoxe quedou resolta e funcionando” o que singnificou “que máis de un emigrante me remitise mensaxes de felicitación pola iniciativa e porque vaian poder ver en tempo real imaxes da súa terra de orixe”.
Esta web é a primeira que o canle autonómico ubica nos concellos do interior de Pontevedra grazas á solicitude do rexedor.











