Comeza a campaña de Nadal en Val Miñor
A Asociación de Empresarios do Val Miñor, como vén facendo ao longo destes 21 anos, dará comezo á Campaña de Nadal 2014, co obxectivo de dinamizar e agradecer a fidelidade dos clientes cara aos asociados.
Cada un dos establecementos adheridos á Campaña “SENTE O NADAL”, obsequiará aos seus clientes cunhas rifas, con dous números cada unha, para participar no sorteo de vales de compra, para gastar en calquera dos establecementos que participen na Campaña.
Serán agraciados os números que coincidan cos premiados no sorteo da lotaría de Nadal do 22 de decembro de 2014.











