Clausúrase o curso de ‘Elaboracións básicas e elementais de cociña’
O Concello da Coruña, a través da área de Servizos Sociais que dirixe Miguel Lorenzo, informa da clausura do curso Elaboracións básicas e elementais de cociña,organizado pola UAMI (Unidade de Asesoramento de Migracións).
O curso, que finalizaron 13 alumnos e que tivo unha duración de 90 horas, desenvolveuse no Centro de Estudos Gastronómicos San Javier. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a inserción laboral da poboación inmigrante, contribuíndo ao mantemento da súa cualificación profesional, respondendo as necesidades do mercado laboral e fomentando a súa inquietude pola aprendizaxe e reciclaxe permanentes.











