Clausúrase en Nigrán o curso de cociña de aproveitamento

Clausúra do curso de cociña en Nigrán
O vindeiro luns finalizará o curso de cociña de aproveitamento, organizado polo Concello de Nigrán, no que participaron unha vintena de veciños e veciñas do municipio ao longo do último mes. Debido ao éxito e a boa acollida desta iniciativa, o goberno municipal sacou o pasado fin de semana unha nova convocatoria para aprender as artes culinarias, nesta ocasión un curso de iniciación á cociña dirixido a favorecer a corresponsabilidade de home e mulleres na repartición das tarefas domésticas, que hoxe colga o cartel de cheo, cunha participación de 12 homes e 8 mulleres.











