Clámide representa en Vilagarcía “As árbores morren de pé” en beneficio de Bata

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O grupo de teatro Clámide segue co seu ciclo de teatro solidario. Esta fin de semana os vilagarciáns porán en escena o texto de Alejandro Casona “As árbores morren de pé”. Será mañá, sábado, ás 21:00 horas no Salón García. A representación faise en beneficio da asociación BATA e as entradas véndense a 4 euros. Hai Fila 0 para os que desexen colaborar coa causa aínda que non asistan á función.

Casona escribiu esta peza na posguerra española. Trátase dunha farsa dramática cuxa trama xira en torno ás ideas enganosas do Sr. Balboa para manter tranquila á súa esposa sobre o estado do seu neto, ao que o avó botara da casa. O prolífico dramaturgo español crea unha fermosa historia de vida que se ve truncada pola verdadeira realidade e que os membros de Clámide representarán sobre o escenario do Salón García por unha causa solidaria.

As entradas pódense adquirir de xeito anticipado a través de www.servinova.com ou do teléfono 902504500. Tamén o día da función, a partir das 19:00 horas, no Salón García.

7 de novembro de 2014 | 12:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.