Ciencia e igualdade na fin de semana en Vedra
Unha nova fin de semana chea de actividade en Vedra…
… A SEMANA DA CIENCIA 2014 “Somos Auga”
Inaugúrase Vedra en Ciencia coa obra “Chove” de “Titereficcións” no Museo Paz Camps e cos cativos e cativas da EIM de Vedra como público exemplar.
SÁBADO 22 DE NOVEMBRO: Ás 17.00 h: Obradoiros “pasados por auga” para cativos e cativas no Centro Sociocultural de Vedra.
DOMINGO 23 DE NOVEMBRO:
FEIRA DA CIENCIA: SOMOS AUGA no Pavillón Municipal de Vedra; ás 17h. exposición dos traballos participantes na feira ante o xurado, ás 18 h. actuación do MAGO XACOBE no Centro Sociocultural de Vedra e ás 19 h. entrega de premios e agasallos aos participantes e clausura.
Na feira estarán presentes as seguintes exposición:
– “A auga na cultura galega” (IES Francisco Asorey e Asoc Ensinantes de O Salnés)
– “As Pontes do Río Ulla” da Asociación Raiceiros.
… VEDRA COA IGUALDADE DE XÉNERO
Con motivo do día internacional en contra da violencia de xénero a asociación Berenguela pola Igualdade, quere darlle presencia na semana da ciencia, farao cunha iniciativa distinta, orixinal e que dará moito que falar; o domingo 23 de novembro no pavillón municipal.
E no deporte … O club olímpico organiza a X Carreira Popular de Vedra. Será o domingo pola mañá na carballeira do Souto en San Fins.