publicidade hoxe

“Chatear en Neda” arranca nos locais hosteleiros do centro do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Nove establecementos hosteleiros do centro de Neda, coa colaboración do Concello, porán en marcha, dende mañá venres e ata o próximo domingo, a ruta de pinchos de tempada “Chatear en Neda”. A través da mesma, os citados locais ofrecerán as súas mellores tapas con cada consumición. Aqueles clientes que completen o percorrido e selen as tarxetas entrarán a formar parte do sorteo dun premio en metálico de 250 euros –sorteo que se celebrará á semana seguinte no salón de plenos do consistorio-.

Os locais participantes, todos eles na zona centro, son El Camino Inglés, Café Bar 124, Café Bar Jupe, Mesón O Fumazo, Bar Neda, Mesón O Cubano, Hamburgue-sería Entreríos, Café Bar A Pía e Cervecería O Lagar. Con esta proposta, a hostelería de Neda quere dar un novo aliciente á cidadanía para que acuda aos seus locais. Para iso, a maiores da gastronomía, tamén contarán con animación musical. O domingo, a partires das 12 horas, un grupo de acordeóns e música tradicional acompañará co seu repertorio a ruta e animará aos presentes a cantar nos bares, recuperando así unha tradición moi arraigada na real vila.

13 de novembro de 2014 | 12:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.