publicidade hoxe

Charla sobre seguridade en Anca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda, en colaboración coa Garda Civil, organiza mañá martes, 4 de novembro, unha charla no local da AVV de Anca baixo o título “Os perigos de Internet e as redes sociais”. Ten como obxectivo fundamental potenciar a máxima información sobre os principais perigos que hai detrás de Internet e a necesidade de protexer sempre a identidade e a privacidade persoal, moi concretamente as fotografías e vídeos, para evitar que cheguen aos “ciberdelincuentes” ou “ciberacosadores”. Forma parte do programa Maior Seguridade, dará comezo ás 18 horas e a entrada é libre e gratuíta.

3 de novembro de 2014 | 14:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.