Charla coloquio na Laracha sobre os usos perigosos da internet polos adolescentes
O Concello da Laracha organiza a charla coloquio sobre as claves para comprender e previr os usos perigosos da internet, as redes sociais e as novas tecnoloxías por parte dos adolescentes que se celebrará mañá mércores a partir das 20:00 horas na Casa da Cultura da Laracha.
Antonio Rial Boubeta, doutor en psicoloxía social e profesor titular da área de metodoloxía do comportamento na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, e Daniel Neira Barral, asesor xurídico do Valedor do Pobo, serán os ponentes.
A sesión informativa vai dirixida a todos os públicos, especialmente aos adolescentes e aos seus pais ou titores legais. Non se require de inscrición previa, sendo a asistencia libre e gratuíta.











