César Mosquera: “Coa política da UE e o Estado, os datos nunca mellorarán significativamente”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O concelleiro César Mosquera valorou os datos do paro lembrando que números arriba, números abaixo, a situación continúa sendo tráxica. “Grazas á política da UE no Estado, os datos nunca mellorarán significativamente, porque moitísima xente continúa sofrindo mentres vé como se multiplican os milmillonarios e comprobamos como a xente máis nova ten que seguir emigrando”.

Tamén considerou que desde o Concello pouco ou case nada se pode facer, especialmente despois da nova Lei de Réxime Local. En calquera caso, o traballo municipal sería “botar un cubo de auga ao océano”. “O importante  —dixo Mosquera— é que a economía está ao servizo de que os ricos continúen engordando, para o que resulta absolutamente necesario que empregados, autónomos e pequenos empresarios teñan cada vez menos recursos.

4 de novembro de 2014 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.