Cerdedo presenta o proxecto de prácticas laboral da Deputación e solicitará un diplomado en turismo
O Concello de Cerdedo dentro do seu plan de emprego local diseñado polo equipo de goberno e o axente de emprego e desenvolvemento local, ten como unha das principaisliñas de actuación o sumarse aos distintos plans e programas das administraciónssupramunicipais para a contratación de persoal e insertar laboralmente aosxóvenes do municipio. “Debido á limitación que temosdendefaiuns anos a administración local para contratar personal, temos que acudir a estas liñas de axudas que sufragan os costes laboraisnasuatotalidade as administraciónssupramunicipais, para realizar diversos proxectos como é o caso deste de dinamización turística. Ademáis traballamos no resto de vías de inserción laboral que marca o plan de emprego como son os propios programas do Concello a través dos convenios coas Universidades os as iniciativas privadas de promoción empresarial e desenvolvemento económico” declara o Alcalde.
Coa posta en marcha desteservizotrátase de ofrecer tanto aos habitantes de Cerdedo como aos visitantes, un servizoadicado por un lado a organizar e desenvolver un amploabano de actividades de ocio e tempo libre (que hoxe en día son un claro indicativo da calidade de vida municipal) e por outro lado a poñer en valor os distintos recursos turísticos que existen no térmo municipal de Cerdedo.
Para levar a cabo este servizo será necesario contar cunhapersoa especializada, polo tanto necesitamos a unhapersoa coa titulación de DIPLOMATURA EN TURISMO. Sería o encargado de programar, planificar e implementar as distintas actividades de ocio para desenvolver en tódolos sectores de poboación e ademáis poría en valor con distintas actividades e procedementos os recursos turísticos municipais.
Coa contratación destapersoaperséguese a mellora cuantitativa e cualitativa dos servizos que o Concello de Cerdedo presta ósseus habitantes e a formación e práctica profesional do bolseirodesempregado e sen experiencia laboral que se contratará dendeo organismo provincial para a súa prestación.
As tarefas a desenvolver polo becario son:
– Elaborar proxectos de intervención sociocultural a partir da información obtida do contexto e das personas destinatarias.
– Diseñar espazos, estratexias e materiais de promoción e difusión de proxectos de intervención sociocultural e promoción do turismo, aplicando os avances tecnolóxicos.
– Organizar programas e actividades de animación sociocultural e turística xestionando a documentación e os recursos así como a financiación e o control do presupuesto asignado: saidas a recoller setas, castañas…
– Diseñar, implementar e evaluar actividades lúdicas, culturais e físicorecreativas seleccionando as estratexiasmetodolóxicas, organizando os recursos e manexando os equipos e medios técnicos necesarios para o seudesenrolo.
– Dinamizar grupos aplicando técnicas participativas e de dinamización, xestionando os conflictos e promovendo o respeto e a solidariedade.
– Realizar visitas guiadas aos elementos naturais e recursos dos que dispón o Concello, tales como rutas de sendeirismo (Fei Martín Sarmiento, Pontes do Lérez, Cerdedo-Cavadosa, etc…), eirados de hórreos (Pedre, Cerdedo e Filgueira), petos de ánimas, etc…
A posta en funcionamentodesteservizo será á maiorbrevidade posible, correndo a carga da Deputación Provincial de Pontevedra todo o proceso selectivo do persoal e a relación contractual do becario será en todo intreco organismo provincial.
Para avaliar a persoaestableceranse reunión semanaisonde se fará un seguemento dos programas que plantexa o becario para levalos a cabo e analízalos co resto de departamentos.
A persoa que resulte seleccionada polaDeputación, desenvolverá o seutraballo por un periodo inicial de 6 meses prorrogable a outros 6 meses e terá un salario de aproximadamente de 700 € e o traballo será a xornada completa necesitando dispoñibilidade sábados e domingos para a organziación das actividades mencionadas.
A inserción laboral dos desempregados de Cerdedo é un dos principaisobxectivos marcados polo equipo de gobernó debido aos momentos nos que nos atopamos, de ahí que nons e repare en esforzosdende a administración local para solicitar diversas liñas de axuda e traballar en aspectos relacionados coemprego como son a interlocución con diversas empresas, a promoción do polígono industrial de Cerdedo, a formación dos desempregados para mellorar a suacapacidade competitiva, etc…











