Cerdedo inicia os traballos de arranxo dos danos ocasionados polas choivas torrenciais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

O Concello de Cerdedo tras as reunións efectuadas a principios de mes cos veciños dos pobos máis afectados polos temporais, inicia xa os traballos de melloras para minimizar e subsanar os danos que ocasionan as choivas torrenciais e os temporais.

Tras a preocupación que mostra o Alcalde de Cerdedo polos danos que ano tras ano provocan as fortes choivas e os temporais, producíndose danos tanto nas estradas de titularidade municipal como en infraestruturas e mesmo en casas particulares de veciños producindo importantes danos materiais este ano determinouse realizar reunións cos veciños como mellores coñecedores do terreo para visitar in situ estes danos e acometer as obras de mellora precisas.

A brigada de operarios coa súa maquinaria e persoal iniciou estes traballos no lugar de Vilarchán (Quireza). A actuación consensuada entre veciños e concello consiste na colocación de tubos de 400 mm de diámetro para aumentar a capacidade da rede de evacuación de augas pluviais, coa intención de evitar as inundacións q veñen sucedendo cada vez que chove con certa intensidade. A colocación destes tubos é na propia estrada que une os lugares de Quireza e Vilarchán e nas zonas do monte máis conflitivas para mellorar a canalización da auga a través de taxeas.

Posteriormente ao longo do ano, a brigada de operarios realizará deforma periódica labores de mantemento coa maquinaria especializada que temos das cunetas para mantelas no mellor estado posible de conservación e que cumpran o seu labor.

Unha vez finalizados os traballos acudirase ao lugar de Lourido para realizar estas actuacións tras a reunión que mantivo o Alcalde cos veciños.

20 de novembro de 2014 | 13:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.