publicidade hoxe

Cea e tertulia co maxistrado Luís VillaresNaveira no IEM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O Instituto de Estudos Miñoranos abre a súa 13ª tempada consecutiva das TERTULIAS do IEM, co relatorio “O uso ilexítimo do poder na reforma da administración de xustiza”. Faladoiro que estará a cargo do xuíz Luís VillaresNaveira, coordinador en Galicia da Asociación Xuíces para a Democracia e membro fundador da Irmandade Xurídica Galega. A licenciada en Dereito,Elsa Quintas Alborés presentará a TERTULIA. Será o o vindeiro venres 7 de novembro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar).

Seis preguntas centrarán este diálogo que manteremos con Villares. Interrogantes que o propio maxistrado achéganos como adianto da súa intervención: Utiliza o Estado o poder dun xeito ilexítimo? Utilízanse as reformas da administración de xustiza para evitar o control xudicial sobre os outros poderes do Estado?É posible o acceso da cidadanía a unha xustiza universal, gratuíta, achegada á cidadanía e imparcial? É posible unha xustiza xusta?Como nos afectan á cidadanía as reformas xudiciais? Preténdese xustiza ao servizo da xente ou ao servizo dos outros poderes?

Tamén como é tradicional, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou ben no correo electrónico oficina@minhor.org .

Convidados e datas das TERTULIAS do IEM

7 de Novembro: Luís VillaresNaveira (Lugo, 1978) / Maxistrado, Coordinador en Galicia da Asociación Xuíces para a Democracia, fundador da Irmandade Xurídica Galega.

12 do Nadal: Xurxo Manuel Souto Eiroa (A Coruña, 1966) /Cantante, acordeonista, escritor, locutor e licenciado en filoloxía clásica.

9 de Xaneiro: Iolanda Pérez Zúñiga (Vigo, 1975) / Escritora

6 de Febreiro: Roi Casal Figueira (Catoira, 1980) / Músico, cantante e compositor.

6 de Marzo: LuisDávila “O Bichero” (Pontevedra, 1972)/ Deseñador gráfico, debuxante, humorista.

10 de Abril: María Begoña Bas López (Vigo, 1953) / Profesora e etnógrafa.

8 de Maio: Víctor Urgorri / Biólogo

5 de novembro de 2014 | 11:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.