Carlos Negreira cualifica de oportuna e normal a renuncia de Currás como concelleiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

O alcalde da Coruña e presidente provincial do PP coruñés, Carlos Negreira, cualificou de “oportuna e normal” a renuncia do exrexedor de Santiago de Compostela Ángel Currás como concelleiro.

A preguntas dos xornalistas, tras visitar a Escola de Artes Pablo Picasso, Negreira subliñou que “é algo que se vén falando dende hai tempo”. Ademais, remarcou que, aínda que acababa de ter “noticia” desta renuncia, lle parece unha decisión “oportuna e normal”, apostilou.

En declaracións, Ángel Currás, que se reincorporará á súa cátedra de Bioloxía no Instituto Arcebispo Xelmírez número 1 da capital galego, asegurou que adopta esta decisión “libremente” e “sen presión” do seu partido.

A renuncia prodúcese despois que o pasado mes de xuño fose forzado a dimitir como rexedor tras a profunda crise que provocou no goberno compostelano do PP a inhabilitación de sete concelleiros, que se sumou á dimisión doutros dous edís.

10 de novembro de 2014 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.